A pita é un xogo de persecución no que unha persoa (que se di que leva a pita, ou que apanda) fai de perseguidora e debe tocar a calquera outra en calquera parte do corpo para perder esa tarefa e encomendarlla á persoa tocada.Normalmente, durante o toque dise a palabra pita!.
Existen variantes onde o perseguidor ou os perseguidos modifican temporalmente os seus papeis:
- pita televisión:o perseguido pode inmunizarse do toque se di un programa de televisión que non fose dito antes.
- pita altura: o perseguido está en terreo salvo se se sitúa a máis altura có perseguidor
- pita repetición: o tocado ten que quedar parado ata que un amigo o toque, e xa poderá moverse.
Este xogo o bo que ten e que non necesitas ningunha ferramenta para xogar, solo os teus amigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario