martes, 2 de diciembre de 2008

O FuTBoLiN!!!!

En fin hoxe no me apetece escribir ningunha entrada, pero conta para nota, e levo uns cuantos días ausente...Habra que facer un esforza.Vamos falar de un xogo que me gusta moito e hoxe entereime que o inventou un galego, xa vedes eu que estou moi entereda sobre xogos eh!!jeje
enfin o xogo e o FUTBOLIN.é un xogo baseado no fútbol inventado por Alexandre de Fisterra,que consiste en manipular uns bonecos suxeitos a unhas barras para “xogar ó fútbol” nunha mesa.
O futbolin foi inventado gracias o aburrimento deste señor xa que foi ferido durante un dos bombardeos de Madrid durante a Guerra civil española.Internado no hospital coñeceu moitos nenos feridos coma el, incapaces de poder xogar ó fútbol, e foi daquela cando pensou na idea inspirándose no tenis de mesa.
O futbolín é xogado a miúdo coma diversión en
pubs, bares,clubs cunhas poucas regras. Estas "regras caseiras" inclúen xeralmente a prohibición de xirar un xogador (o chamado remuíño), polo que a man débese manter practicamente en contacto continuo coa empuñadura, e os cambios na dianteira.Non so se xoga cos colegas no bar senon que tamén se xoga ó futbolín nas competicións oficiais organizadas por varias organizacións nacionais. Unha organización internacional denominada ITSF (International Table Soccer Federation, Federación internacional do fútbol de mesa)
Unha mesa de futbolín pode variar de tamaño, pero normalmente 1,22 metros de longo por 0,61 metros de ancho. A mesa ten xeralmente 8 ringleiras de xogadores, que son de plástico, metal, madeira, ou ás veces de fibra de carbono, montados en barras metálicas verticais. Cada equipo de 1 ou 2 xogadores humanos controla as súas 4 ringleiras de xogadores do futbolín.

Unha cousa curiosa que encontrei sobre o futbolin e que existen robots deseñados para xogar ó futbolín polos roboticistas da Universidade de Friburgo que son capaces de gañar ó 85 por cento dos xogadores correntes. Usan unha cámara situada debaixo dunha táboa transparente, que fai de base da mesa, que localiza a posición da bóla 50 veces por segundo e envía os datos a un computador, preprogramado con coñecementos da dinámica da bóla, que calcula se os opoñentes poden bloquear algunhas das direccións.

Enfin xa sei que me quedou mui largo e a maioria non o vai a leer aparte de que nadie me visita claro...jijiji espero que vos gustara, e que poiderades aprender algo novo, enfin solo vos digo que tedes que probalo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario