A petanca é un xogo popular tipicamente provenzal, aínda que xa amplamente distribuído por Europa Occidental.
A petanca consiste en tirar unha serie de bólas metálicas co propósito de achegarse o máis posible a unha bóla de madeira que foi lanzada anteriormente. Quen se achegue máis ao remate da quenda de lanzamentos, obtén un punto. O primeiro que consiga trece puntos gaña.
Cada xogador lanza, por quenda, tres bólas na modalidade individual e dúas se se xoga por equipos. Os lanzamentos poden ser de dous tipos: de aproximación; de "tiro", para intentar afastar unha bóla dun xogador contrario batendo nela; e de "empuxe", facendo rodar a bóla para achegar máis unha propia ao boliche ou para afastar unha contraria.
As bólas usadas son metálicas o diámetro debe estar entre 7 e 8 cm, mentres que o seu peso oscila entre os 625 e os 800 g. A bóla pequena é de madeira e debe ter un diámetro de entre 2,5 e 3,5 cm.
A petanca xógase en espazos abertos e sen limitar, fundamentalmente chás . Pero pola súa extensión pode ser semellante de longo a un campo de billarda, o xogo que vos comentei tempo atras!.